Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Comeza Cineuropa coa proxección de 'Dogville'

O Festival Cineuropa 2003, promovido polo Concello de Santiago, comenza o 4 de novembro coa exhibición do filme 'Dogville', de Lars Von Trier, e ofrecerá ata o día 28 un total de 70 películas. Ademais dos filmes da sección oficial, proxectaranse documentais, clásicos e curtametraxes galegas. Bigas Luna recibirá o premio Cineuropa durante unha homenaxe o 21 de novembro.

- 09:18 04/11/2003
Tags:

As películas que integran a Sección Oficial son: As horas do día, As mans baleiras, Goodbye Lenin; O principio da incerteza; Before the Storm; Ararat; Flores de sangue; A sorte durmida; C'est la vie; In this world; O seu irmán; Lonxán; Arven; Dogville; Wilbur quérese suicidar; Open hearts; A miña vida comeza hoxe; Histoire de Marie et Julien; Xogo de nenos e As voces da noite. O público votará entre estes títulos e escollerá o filme que recibirá os 6.000 euros que corresponde ao premio 'Mellor película europea'.

Ademais das películas da Sección Oficial, neste festival proxectaranse outro tipo de filmes nas diferentes seccións que o compoñen: documentais na sección 'Documentos Historia Viva', outros 15 títulos no apartado 'Panorama Internacional' e tamén haberá unha xornada dedicada ás curtametraxes galegas. A sección 'Cinéfilas' inclúe un pase especial de 'La Casa de la Troya'.

O Teatro Principal acolle a maioría das proxeccións, aínda que a partir do 17 de novembro tamén haberá pases de películas no Salón Teatro. Como novidade, nesta edición a organización de Cineuropa venderá as entradas por telefóno (902-504.500) e a través de internet ( Caixanova). O festival conta cun orzamento de 160.000 euros.

A organización decidiu concederlle este ano o Premio Cineuropa a Bigas Luna, como recoñecemento á súa traxectoria e polo seu proxecto multimedia sobre as 'Comedias Bárbaras' de Valle-Inclán. O director estará o día 21 en Santiago para recoger o galardón, que lle entregado durante un acto no que se proxectará a película 'La camarera del Titanic'. Máis información.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: