A Comisión de Infraestructuras do Congreso dos Deputados decidiu que a Transcantábrica non vai pasar por Ferrol. Ante esta decisión, o PP local culpabiliza o goberno anterior do PSOE de non preveer un trazado costeiro para a Transcantábrica. Segundo o alcalde, a exclusión de Ferrol neste trazado débese a un plan de infraestructuras elaborado por Borrel en 1.994
Os grupos políticos da oposición responsabilizan ó PP local desta nova perda para a nosa comarca. A transcantábrica non vai discurrir por un trazado costeiro, polo que se exclue toda posibilidade de que Ferrol quede comunicado por esta importante via de comunicación. Existe, pese a todo, algunhas posibilidades de que se constrúan enlaces de conexión coa transcantábrica que evitarian, dalgún xeito, o aillamento da comarca de Ferrolterra.
Dende o BNG esixen ó goberno municipal do PP que defenda os proxectos necesarios para Ferrol onde hai que defendelos, e que nno se adiquen a criticar estas decisións a título persoal. Segundo Xaime Bello, o PP local debe amosar un posicionamento claro sobre as reiteradas exclusións e maltratos que ven sufrindo a cidade.