O grupo municipal do PSOE de Vilagarcía, que goberna a cidade, vaille propoñer ao ente autónomo de Parques Nacionais que adquira para o patrimonio público a Illa de Cortegada, situada fronte a Carril. Cortegada é na actualidade propiedade dunha inmobiliaria, aínda que forma parte do Parque das Illas Atlánticas. O grupo de Javier Gago presentará a proposta no pleno do 25 de setembro e agarda que sexa secundada polo resto dos partidos. Máis datos en Vieiros O Salnés.
.