Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Ariel, outra volta nos quioscos

O completo monográfico sobre o realizador Jacques Tourneur e a entrevista ao director canadiano Atom Egoyan sobre o seu último film Ararat son os principais contidos do novo número de Ariel, o boletín galego de cinema elaborado ao abeiro do Cineclube Compostela. Co mesmo rigor e orixinalidade dos dous números anteriores, a revista ofrece tamén as súas habituais seccións de filmes “revisitados” (Viaxe por Italia, de Roberto Rossellini e Rancho Notorious, de Fritz Lang), os artigos de fondo (“A rapaza da fábrica de mistos e o cinematógrafo de Aki Kaurismäki” ou “Do the right thing. A Colmea de Brooklin”) e as crónicas do Festival Internacional de Cinema de Xixón 2002 e da Semana Internacional de Cinema de Valladolid 2002. Este novo número de Ariel consta de 64 páxinas en galego sobre cinema.

- 12:31 08/09/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: