Viñamos de contarlles do uso do escaneo do iris que fai a ONU en Afganistán e este xoves temos noticia por terras alemanas da introducción en Europa de novos sistemas de identificación persoal, ben deste tipo ou incluso a través de ADN. O proxecto parte da pasada xuntanza en Tesalónica da Comisión Europea e coincide coas recomendacións dos EEUU neste sentido, destacando a eficacia do recoñecemento de iris, non hai dous iguais, e a prol da introducción de datos biométricos nos pasaportes. Dende os movementos en defensa dos dereitos á privacidade xa advirten dos perigos do sistema e piden o debate público ao respecto.
.