Para a conmemoración oficial dos 25 anos dende a creación do festival e como proposta para aqueles que prefiran achegarse á capital folqui do verán celta fóra de barulladas e atoamentos, os organizadores arranxaron un concerto especial para este sábado. Grupo histórico para cita histórica, os míticos Chieftains, acompañados polo gaiteiro galego Carlos Núñez, serán protagonistas da noite musical.
.