Vai para trece anos que na desputa da súa eliminatoria de ascenso á ACB, o clube compostelán Obradoiro perdeu contra o Júver Murcia.
Logo de probarse que os murcianos falsificaran o pasaporte dun xogador para que non ocupase praza de extranxeiro parecía clara a eliminación destes e a entrada na elite do básquet do Obradoiro, que ademais tiña o apoio da Federación Española de Baloncesto.
Pero non foi así, e máis dunha década de loita nos xulgados, varias sentencias favorables despois, a Liga ACB resistiuse sempre a incluír os galegos na competición. Agora, o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid vén de poñer un ultimátum: a próxima tempada da ACB queda suspendida ata que se inclúa aos composteláns.