Os corsos rexeitaron a proposta do goberno francés de reforma do estatuto da illa por unha diferencia de 2.000 votos. A participación foi do 60 por cento, unha das máis altas rexistradas nunha consulta semellante. O goberno de París pretendía unha nova organización territorial de Córsega de forma que os dous departamentos que existen na actualidade, un no norte e outro no sur da illa, formasen un só con sede en Ajacciu. Precisamente, foi en Bastia, a capital do norte onde a porcentaxe de votos negativos foi maior. Aínda que o resultado foi un duro golpe para o goberno francés (Chirac dixo que o non sería o caos) e para as formacións nacionalistas, que vían no referendo un primeiro paso cara á autonomía, a consulta non é vinculante.
.