O Foro Social de Vigo organiza o vindeiro día 21 de xuño a primeira xornadas pola economía social e o consumo consciente. As charlas e conferencias terán lugar nos locais da Federación Veciñal Eduardo Chao e tratarán sobre a autoxestión na saúde, outros xeitos de entender o traballo e a organización e o consumo consciente. Durante todo o día haberá tamén talleres e música na praza da Constitución, con xogos cooperativos, un obradoiro de xabrón, un xantar vexetariano e unha festa coa participación de Sachadiço, Codia e Miolo, Laura Quintillán e Timo Báez. Máis información en Vieiros Vigo.
.