As próximas versións do navegador de Microsoft volverán ser parte do sistema operativo. A compañía anunciou que a versión actual será a última que poida instalarse nun equipo como programa independente. Lembren que a escisión fora parte dunha decisión xudicial que acusaba á empresa de práctica monopolista. Os de Gates escúdanse agora na necesaria compatibilidade coas funcións de seguridade do próximo Longhorn. Á supremacía Explorer axudará tamén o recente acordo de Gates con AOL, o rival e padriño de Netscape. Lembrámoslles que hai outras opcións gratuitas coma Netscape e Opera e que o Proxecto Xis fixo traduccións ao galego deste software.
.