O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) desenvolve durante todo o mes de xuño unha serie de cursos gratuítos en varias vilas galegas para achegarlles as utilidades de Internet ás Pemes. Trátase de seminarios de oitos horas, con prácticas fronte á computadora incluídas, que teñen por obxectivo espertar o interese nas empresas e dar a coñecer as posibilidades e servicios que ofrece a rede. Os asistentes poderán facerlle consultas ao profesor a través do correo electrónico durante os tres meses seguintes á celebración do curso. Rianxo, Ribadavia, Zas, A Cañiza, O Grove, Cabana e Pobra de Trives son algunhas das localidades seleccionadas. Consulten o calendario completo cos lugares e horarios de celebración.
.