Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Privilexios petroleiros en Iraq

“Non me sorprendería que se comece a descubrir o programa de armas de Sadam”. Bush segue agardando que apareza o presunto armamento iraquí de destrucción masiva. E o grupo petroleiro Halliburton, dirixido ata hai tres anos polo vice de Bush, parece ser o escollido para a explotación dos pozos iraquís, ao tempo que se sabe que mantivo estes anos acordos con Irán, Libia e mesmo Iraq malia os embargos. Mentres, o diplomático Paul Bremer, foi escollido novo ‘vicerrei’ para Iraq e vén de coñecerse que pouco antes da guerra a familia de Sadam apañou mil millóns de dólares no Banco Central iraquí.

- 08:13 07/05/2003
Tags:

Paul Bremer será o novo encargado da administración civil da transición iraquí, por enriba do actual Jay Garner. O nomeamento, segundo a prensa USA, podería supoñer tamén o triunfo do sector Powell sobre o sector Rumsfeld na súa loita pola cota de poder na administración Bush.

Vén de saberse tamén que o contrato concedido a unha filial da empresa estadounidense Halliburton paraa extinción dos lumes nos pozos de petróleo iraquís, se vería extendido á explotación das instalacións e distribución de productos petrolíferos. O grupo Halliburton foi dirixido ata o 2000 polo vicepresidente USA Dick Cheney. Coñécese ademais esta semana que a empresa mantivo durante anos relacións comerciais con Libia, Irán e mesmo Iraq, malia os embargos decretados polo goberno USA contra estes países.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: