A Plataforma pola Supresión da Peaxe denuncia a nula xestión e deixadez do goberno autonómico na inminente privatización que semella vai perpetuar a peaxe de Rande. Reproducimos o comunicado enviado pola plataforma aos medios de comunicación.
Velaquí o comunicado da plataforma:
Diante do anuncio da SEPI sobre a recta final da privatización de ENA e AUDASA a Plataforma cidadá pola supresión da peaxe quere manifestar públicamente o seu posicionamento sobre o silencio e a nula xestión da Xunta de Galicia.
A SEPI deu onte as últimas directrices sobre cómo se vai abordar o proceso de privatización comunicándolle ás empresas e entidades financieiras que entraron na poxa que aúnen as ofertas para configurar grupos máis potentes e equilibrados entre os que elexir ó adxudicatario.
A Plataforma recibiu resposta ós escritos enviados ó valedor do pobo e ó Presidente do Parlamento galego reclamándolle que instaran á Xunta a cumprir os acordos do parlamento galego de 20 de marzo do pasado ano polos que se debería xestionar ante o goberno central a supresión da peaxe de Rande para todos. O valedor afirma que é competencia do Ministerio de Fomento e o presidente do parlamento remitiulle a documentación á Consellería de Presidencia, relacións institucionais e Administración Pública por ser este o organismo competente.
Mentras tanto o calendario definitivo da privatización segue en marcha e os consorcios interesados deben comunicar formalmente á SEPI a súa configuración e presentar as ofertas na última decena do mes de maio, por un importe non inferior ós 1.100 millóns de euros.
Quedan varios asuntos pendentes como son a posición do goberno de Navarra que posúe o 50% da súa autoestrada tamén dentro do paquete de ENA- e negouse a que entrara na oferta e tamén o recurso da Plataforma ante o Tribunal Supremo presentado no ano 2000 polo que o tribunal debería dictar sentencia en breve.
A Plataforma advirte ó Presidente da Xunta de que se non cumpre o que el mesmo anunciou de garantizar a supresión entre Vigo e O Morrazo aproveitando o proceso da privatización poderán convocarse novas mobilizacións coa súa figura como protagonista dunha nova mentira.
O vindeiro mes de maio vai ser clave neste proceso e estaremos moi atentos ós pasos que se dean porque de nada nos valen declaracións, promesas ou non xestionar o que está acordado unha e mil veces.
O Morrazo a 29 de abril de 2003
A XUNTA DIRECTIVA,
O Presidente, Jesús Cancelas Franco