Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O IGADI crea o Premio Lois Tobío

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, que dirixe Xulio Ríos, aprobou esta fin de semana a creación do Premio Lois Tobío, en memoria de quen foi membro do seu Consello Asesor. O Premio Lois Tobío consistirá nunha bolsa de investigación destinada a estimular a investigación histórica e contemporánea sobre aspectos relacionados coa proxección exterior de Galicia e os estudios internacionais.

- 09:04 29/04/2003
Tags:

Lois Tobío, falecido en Madrid no pasado mes de marzo, foi un fiel representante do vector universalista do galeguismo republicano. Co fundador do Seminario de Estudios Galegos, diplomático e investigador. Son coñecidos os seus traballos sobre o Conde de Gondomar e, asi mesmo, as súas valiosas aportacións en materia de traducción poética e ensaística, e noutros campos coma o xornalismo.

O Consello Asesor do IGADI, reunido esta fin de semana en Baiona, emitiu unha Declaración na que se doe do seu falecemento, expresando o seu respecto e admiración por unha “personalidade excepcional que en todo tempo e circunstancia soubo conciliar á perfección a súa condición de cidadán do mundo co seu ser galego, bo e xeneroso”.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: