Cando consigamos facer un touchdown volveremos para a casa. O ex xeneral retirado Jay Garner, encargado de dirixir Iraq nos próximos meses, comparou a situación cun partido de rugby e gabouse de que moitas infraestructuras esenciais se salvaron dos bombardeos, referíndose principalmente aos pozos de petroleo fundamentais para o futuro do país. Así, o exército USA concentra os seus esforzos no control de máis dun milleiro de pozos e prepara a modernización da industria petrolífera iraquí. Poden ampliar no especial A Conquista de Iraq.
.