O consello de ministros decidiu á fin remitirlle o anteproxecto da Lei de Sinatura Electrónica a Consello de Estado e Consello Xeral do Poder Xudicial. Obxectivos desta iniciativa son a creación dun instrumento que xere confianza nas e-comunicacións e sirva de dinamizador de administración e comercio electrónicos, ofrecéndolle seguridade a cidadáns, empresas e institucións nos e-trámites. Dende a Asociación de Internautas valoran positivamente este paso, pero avisan dos potenciais problemas en canto ao estándar tecnolóxico que se escolla. Advirten tamén qie vixiarán de preto a normativa sobre os prestadores de servicios de certificación e as entidades que supervisen a súa xestión.
.