Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Egunkaria: os accionistas cavilan demandar o xuíz

Durante a fin de semana produciuse o ingreso en prisión do xornalista Pello Zubiria. Ao tempo, un milleiro de accionistas xuntáronse en Tolosa para debater que medidas tomar fronte ao peche do diario. Ente os proxectos estaría a creación dunha asociación de damnificados que incluiría a traballadores e suscriptores e que promovería unha demanda contra o xuíz Del Olmo por presunta prevaricación. Mentres tanto, O Ministerio do Interior denunciou aos los directivos de "Egunkaria" Marcelo Otamendi, Ignacio Uría, Xavier Alegría e Xavier Oleaga por un delicto de colaboración con banda armada. Os directivos acusaron á garda civil de torturas no tempo en que estiveron detidos.

- 13:07 10/03/2003
Tags:

As dúbidas sobre a base xurídica e as posibles irregularidades nos autos dictados polo xuíz Carlos del Olmo que levaron ao peche de Egunkaria, daríanlle base a unha demanda por prevaricación que incluiría a esixencia de indemnizacións. Así o pensan os accionistas do diario, que reunidos en Tolosa a fin de semana acordaron traballar pola unidade con traballadores, suscriptores e mesmo lectores e acreedores, a prol dunha plataforma que leve adiante a petición de indemnizacións previo paso pola demanda por prevaricación ao xuíz encargado do caso. Debateuse tamén o camiño a seguir para a creación dun novo diario autónomo en euscara, para o cal xa prometeu axuda a conselleira vasca de Cultura.

Ao tempo, dende a revista Argia infórmannos da entrada en prisión o pasado venres de Pello Zubiria, a quen non se lle permitiu a visita de ssúa muller ese día malia o seu grave estado de saúde. Compañeiros do xornalista e familiares insisten na súa petición ás institucións vascas e organizacións de dereitos humanos que presionen para que Zubiria, quen sofre unha enfermidade crónica irreversible, sexa posto en liberdade.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: