De cumprirse o novo prazo prometido serán xa dous meses máis tarde da data anunciada polo ministro Piqué cando a lei de sinatura electrónica chegue ao Congreso. Norma clave para empurrar na seguridade e confianza na rede aplicándose coma ferramenta de control nas transaccións e regulamentando o DNI dixital, traballan no seu deseño os ministerios de Ciencia e Tecnoloxía, Economía, Interior, Administracións Públicas, Xustiza e a Axencia Tributaria. Poden consultar aquí o anteproxecto da lei.
.