Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Campaña para a volta de Egunkaria

“Fixéronme dúas veces ‘a bolsa’, tivéronme espido en crequenas, dixeron as maiores barbaridades sobre a cultura vasca...”. Martxelo Otamendi, director de Egunkaria, vén de denunciar que xunto con outros detidos foi torturado pola Garda Civil. Mentres, o consello dos organismos sociais do Euscara, Kontseilua, traballa xa xunto con todos os partidos, agás PP e PSOE, e cos sindicatos ELA e LAB, nunha campaña para poñer en marcha outra vez o diario. En Pamplona e nas tres capitais vascas seguen as concentracións en solidariedade cos xornalistas.

- 14:08 26/02/2003
Tags:

“É preocupante que os ministros do PP actúen coma se foran xuíces”, denunciou este martes o deputado xeral por Guipúscoa Román Sudupe, quen se laiou de que “condean aos detodos sen que exista ningunha resolución xudicial condenatoria”. Advertiu que “unha medida que cuestiona abertamente dereitos fundamentais das persoas foi adoptada antes de concluír a investigación, sen que medie sentencia dictada e sen concluír a investigación xudicial”.

No mesmo sentido e tamén dende o PNV, Joseba Egibar cualificou a acción de “operación de marcado impulso político” así coma “un disparate”. Tamén se referiu aos dez documentos incautados a ETA entre 1990 e 1993, que segundo o xuíz del Olmo son claves para o decreto de peche do diario, xa que segundo el proban o presunto vencello económico financieiro entre ETA e o xornal. Na opinión de Egibar, resulta estrano e parte do “despropósito” que a Garda Civil lle traslade agora ao xuíz uns papeis de hai máis de dez anos, xa publicados e discutidos daquela.

O Kontseilua, Consello dos Organismos Sociais do Euscara, traballa agora con PNV, EA, IU, Sozialista Abertzaleak, Aralar e os sindicatos ELA e LAB nunha campaña para a recuperación do diario. A conselleira de Cultura do Goberno vasco, Miren Azkarate, pediulle aos membros do PP Acebes, Rajoy e Iturgaiz “algo máis de prudencia e respecto” polas instruccións xudiciais “antes de emitir valoracións sobre Egunkaria”.

O voceiro do PNV no Congreso, Iñaki Anasagasti, pediu a comparecencia no Congreso do ministro de Interior e do director da Garda Civil para informar sobre os presuntos malos tratos denunciados polo director de Egunkaria.

O ministro do Interior, Ángel Acebes, anunciou que inicará accións legais contra todos os que formularon acusacións de torturas aos detidos de Egunkaria. Para Acebes, as declaracións de Anasagasti “merecen o maior desprecio persoal e político”.

Recomendámoslles ao respecto o editorial de Deia.

Na rede tamén están a recollerse sinaturas contra o peche do diario.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: