Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Egunero, a resposta dos traballores de Egunkaria

Os traballadores de Egunkaria, pechado por orde da Audiencia Nacional, sacaron hoxe á rúa Egunero, un xornal de 16 páxinas en euskera dedicado ao peche do diario e á detención de dez dos seus directivos. "Itxia, baina ez isildua" (Pechado, pero non calado) é o titular a toda páxina da portada. O xornal inclúe publicidade de IU-EB, LAB e Udalbiltza e dous anuncios do goberno vasco. "Egunero" é a mancheta dun xornal local que editaba Euskaldunon egunkaria.

- 09:58 20/02/2003
Tags:

Dez responsables do ’Euskaldunon Egunkaria’, único diario en euscara, foron detidos pola Garda Civil, que clausurou os locais do xornal, a súa web e rexistra as súas instalacións, documentos e incluso domicilios particulares.

A orde dictada pola Audiencia Nacional fala de “presunto delicto de pertenencia a organización terrorista ou colaboración con ETA”. Anteriormente, Baltasar Garzón tentara imputar con parecida acusación ao seu director, Martxelo Otamendi, xunto co de Gara, pola entrevista conxunta que lle fixeran a membros de ETA.

O xuíz acusaba aos xornalistas de “inducción ao asasinato, colaboración con banda armada e ameazas”. Daquela, responsables de medios de todo o abano ideolóxico cualificaran de ataque á liberdade de expresión a pretensión de Garzón. A investigación inclúe a inspección da Federación de Ikastolas e a detención do sub director de Herri Irratia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: