Ás 3h35 do 20 de marzo ducias de mísiles Tomahawk eran disparados dende catro barcos e dous submariños dos EEUU, apoiados polo ataque simultáneo de varios avións. Segundo declaracións dos mandos militares á CNN, esta primeira vaga de bombas sobre Bagdad tería o obxectivo concreto de matar o presidente Sadam Hussein e altos mandos do seu goberno. Segundo o Goberno británico, non supón aínda o comezo da gran campaña. Unha hora despois deste primeiro bombardeo producíase un discurso televisado de Bush que advertía dun conflicto complicado e longo. A continuación, a televisión iraquí difundía unha mensaxe de Sadam facendo un chamamento á guerra santa e denunciaba que o pequeno Bush criminal cometeu un crime contra a humanidade. Os colectivos pacifistas convocaron manifestacións de protesta en todas as vilas e cidades ás 12:00 e ás 20:00 de hoxe, e tamén ás 20:00 do sábado.
.