Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A brigada de Amigos da Dorna toma a illa de Ons

A asociación de Amigos da Dorna de Portonovo está decidida a deixar a súa querida Ons libre de fuel. Xabier Trepat, un dos coordinadores da brigada contra o chapapote, amosábase o mércores á tardiña, recén chegado da illa, satisfeito coa evolución das tarefas de limpeza. 'Xa se vai notando o traballo', di.

- 18:18 18/12/2002
Tags:

Os primeiros desembarcos dos dispositivos de limpeza en Ons resultaron caóticos. Voluntarios despistados, militares e técnicos de Tragsa mesturábanse nas praias e competían polo material e o mando, segundo afirma Xabier Trepat, da Asociación de Amigos da Dorna e á súa vez, presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima.

Ao parecer, a organización foi gañando en efectividade co paso dos días. Amigos da Dorna creou unha brigada de limpeza propia e organiza saídas á illa a diario desde o peirao de Portonovo.

'Agora os militares están na parte de atrás da illa e nós andamos por Area dos Cans, Canexol, a Praia das Dornas...', asegura o ecoloxista.

'Ademais de limpar, encargámonos de coordinar aos voluntarios das Universidades que nos manda o concello de Sanxenxo. Hoxe (referíndose ao 18 de decembro) eramos 80 persoas!'. O material anticontaminación (mascariñas, monos, botas...) corre a cargo da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa.

Segundo Trepat, asiduo da illa Atlántica, queda aínda moito que facer, pero xa se nota o traballo constante e así o reflicte tamén o seu estado de ánimo: 'Cada vez hai menos merda'.

Os interesados en unirse á brigada das Ons deben poñerse en contacto co concello de Sanxenxo e preguntar por Mela (986 72 00 75). Pola noite (rogan non chamar polo día) atende aos voluntarios 'Jabuchi' (686 98 20 62). Necesitan xente para colaborar durante os días da semana, de luns a venres.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: