A flota arousá de mariñeiros voluntarios que estaba a recoller chapapote entre a illa de Sálvora e O Pombeiro diríxese agora cara a ría de Pontevedra, para botar unha man na limpeza da illa de Ons. Tras constatar que as manchas non avanzaron cara dentro da ría de Arousa, un grupo de mariñeiros decidiu atender a chamada dos seus colegas desde Ons. Contámosllo no especial Marea Negra do Prestige.
.