Todo galego ou galega rosma polo baixo que o naufraxio do Prestige se xestionou mal. Así que os actores sociais empezan a mobilizarse... A CIG xa anunciou a súa intención de convocar unha manifestación "unitaria" a finais de mes para pedir máis e mellores axudas para o sector por mor das inmensas perdas que se prevén. Do mesmo xeito, desde o independentismo convocouse unha concentración de urxencia para pedir responsabilidades políticas. Será o mércores 20 de novembro ás 20 horas diante da Delegación do Goberno na Coruña.
.