O Deportivo perdeu en Riazor por cero a un coa Real Sociedad de San Sebastián, descendendo un par de postos na clasificación. Esto trunca a gran xeira de resultados positivos que estaba colleitando, incluso na Copa do Rei, onde xa está en semifinais, que dirimirá contra o Atlético de Madrid.
O Deportivo terminou perdendo cando pasaban tres minutos do tempo regulamentario. A escadra coruñesa dominou o partido dende o principio ata case o final. A Real Sociedad adicouse máis a labores de contención e renunciou bastante ó ataque. A pesar de non xogar un gran partido o resultado puido ser ben outro. A mala sorte e a desgraciada actuación do árbitro do encontro (chegaron a reclamarlle tres penaltis, todos a prol dos locais) fixeron que o Deportivo non conseguise os tres puntos. Pola contra, na Copa do Rei, e como era norma nos últimos partidos, o bo xogo foi acompañado de bos resultados, e eliminou ó Mallorca nos cuartos de final. No partido de ida xogado na illa quedaran 1-1 e o mércores día 24, no partido de volta, o Deportivo ganou 1-0 con gol de Turu Flores, que se atopa nun momento radiante. As semifinais xogaranse os días 9 e 16 de Xuño, contra o Atlético de Madrid. A outra semifinal xógana Real Madrid e Valencia. A final será o sábado 26 de Xuño en Sevilla.