Dúas mulleres de avanzada idade morreron na mañá do mércores na Coruña ao caer o guindastre dunha obra por mor do forte vento sobre o edificio no que se encontraban. Os feitos aconteceron contra as 15.30o horas na Rúa Real. A caída afectoulle a tres edificios provocando ademais importantes danos materiais. Mentres, un petroleiro está en perigo de afundimento a 28 millas ao oeste das costas de Fisterra cunha vía de auga aberta.
Os servicios de rescate da Xunta evacuaron os 27 tripulantes do barco. Estes son os primeiros -e dramáticos- resultados do temporal en Galicia, que causou danos menores como asolagamentos en pobos e cidades, coa flota amarrada a porto, retencións de tráfico e árbores arrincadas. A forza do vento será menor este xoves, malia que continúa a choiva. Na web meteorolóxica da USC poden ir seguindo o prognóstico máis preciso. Protección Civil recomenda moita precaución nas estradas.