Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A vindeira semana chega ExpoVivenda'99

Santiago vaise converter do 11 ao 14 de marzo no centro do investimento inmobiliario galego. Na anterior edición estiveron presentes 30.000 visitantes, cun volume de negocio de 3.000 millóns de pesetas.

- 22:34 01/03/1999
Tags:

Entre o 11 e o 14 próximos, Santiago vai volver a ser un ano máis o punto de encontro do investimento inmobiliario de Galicia, coa celebración no recinto feiral de Amio de ExpoVivenda'99, co III Salón da Oferta Inmobiliaria e o III Salón de Equipamentos e Interiorismo.

O evento, que se presenta coma unha feira aberta ao público en xeral, engade este ano á súa filosofía empresarial un marcado ton empresarial. Coma un dos seus mellores avais, a feira presentou os datos do ano pasado: un volume de negocio xerado de tres mil millóns de pesetas e máis de trinta mil visitantes.

Nesta edición, ExpoVivenda incrementa nun vinte por cento o número de expositores concorrentes, chegando así aos 100, que mostrarán nos 8.000 metros cadrados do recinto tódalas novidades e tendencias que hai hoxe no mercado. Este certame dálle máis importancia nesta ocasión ao volume de negocio e ás necesidades de abrir mercados aos expositores.

Paralelamente ao desenvolvemento dos salóns, os organizadores programaron a celebración de xornadas de presentación das últimas novidades nos sectores da construcción e equipamento, dirixidas de xeito específico aos profesionais.

Máis de seis mil metros cadrados cubertos e outros dous mil na explanada exterior van acoller os dous salón mostra, onde ofrecerán as súas propostas promotores, constructores, inmobiliarias, administracións locais, empresas de control de calidade, entidades financeiras de toda Galicia e tamén de España e Portugal.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: