A Asemblea Antifascista de Ourense reuniuse o 3 de outubro na Casa de Xuventude do concello para facer fronte a unhas supostas agresións sufridas por cidadáns ourensáns a mans dun grupo que o colectivo cualifica de neonazi. A Asemblea asegura que na pasada fin de semana houbo na cidade das Burgas unha concentración de nazis ourensáns e doutras partes do estado, que se saldou con numerosas agresións a nacionalistas, toxicómanos e mendigos. Pola súa parte, desde a Subdelegación do Goberno en Ourense afirman que non teñen noticia nin de lesións nin de actos vandálicos de ningún tipo. Máis información en Vieiros Ourense.
.