Está en marcha unha campaña para conseguir a recepción da televisión portuguesa en Galicia, elaborada pola Assembleia da Lingua. A organización reintegracionista vén de elaborar unha solicitude con este obxectivo para enviarlles ao goberno portugués e ao da Xunta de Galicia. Ademais, inciden nas vantaxes que reportaría conseguir o obxectivo marcado, coa base da cidadanía común europea.
A Assembleia da Língua comeza esta campaña para conseguir a instalación de repetidores das canles portuguesas en Galicia, o que permitiría recibir a televisión pública lusa (RTP1, RTP2), a TVI e máis a SIC. Desde a Assembleia da Língua, Xico Paradelo indica que o que acontece en Portugal 'é importante para empresarios, médicos ou titulados en portugués, máis do que acontece en Canarias, Málaga ou Lanzarote'. Ademais, sinala que o feito de podermos ver as canles portuguesas 'contribuiría á normalización da lingua galega'.
No texto de presentación da campaña, apuntan que recibir as emisións das televisións lusas facilitaría o coñecemento da lingua portuguesa, 'a segunda língua românica em número de utentes'. Para conseguir o obxectivo, afirman que 'as dificuldades técnicas para a recepção dos canais televisivos de Portugal nas nossas casas podem ser solucionadas; a tecnologia actual permite-o. Mas é preciso que os respectivos governos tenham a suficiente sensibilidade e vontade política'.