Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A Galicia dos anos 70, nunhas xornadas dos CAF

O luns comezan na Facultade de Filoloxía de Santiago unhas Xornadas sobre "Galicia nos anos 70" organizadas polos Comités Abertos de Faculdade (CAF). Persoeiros destacados da vida galega falarán de diferentes aspectos desta época ata o día 9, data na que remata.

- 01:13 01/03/1999
Tags:

Cada día das xornadas estará adicado a unha disciplina diferente. Por exemplo, o luns tratarase o tema "A teoría colonial de Galicia nos 70", sobre o que departirán Ramom López Suevos e María do Carmo García Negro, ámbolos dous profesores na Facultade de Economía da Universidade de Santiago.

O martes día 2 Manuel María, Lois Diéguez e Roberto Vidal Bolaño falarán sobre a literatura galega nos setenta. O mércores Felipe Senén e Marcial Gondar farán o propio sobre a sociedade galega nesa década e o xoves o presidente da UPG, Bautista Alvarez, Camilo Nogueira, candidato do BNG ao Parlamento Europeo e Eduardo Gutiérrez falarán da política galega nos 70.

Na semana seguinte, o luns día 8 falarase sobre música galega, coa intervención de Xosé Luís Rivas "Mini" e Emilio Cao. Poráse punto final coa presencia de Elvira Souto e Francisco Fernández Rei, que discutirán (moi probablemente) sobre "Normalización lingüística nos anos 70".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: