Apple vén de lanzar unha gran campaña publicitaria para convencer aos usuarios de Windows de que pasen ao bando contrario, a Mac. Steve Jobs sacou do peto 50 millóns de dólares para tentar rabuñarlle uns cantos clientes a Bill Gates. En 'Switch' ('Cambia') -así se chama a campaña- ex usuarios de PC explican a súa 'conversión': "agora podo facer cousas que cun PC só podía soñar". Apple ten o encanto do perdedor que se sabe mellor (a última campaña titulábase 'Think different'). A marca da mazá convertiuse en cuestión de culto: é a alternativa 'interesante', como a Pepsi (e a Coca-Cola), como quen escoita Radio 3 (e non Los 40), como quen prefire a Woody Allen (contra Spielberg)...
.