Hai uns días presentábase o Mozilla 1.0, a versión libre do navegador de Netscape que tardou catro anos en ver a luz. E agora xa se pode baixar a súa traducción ao galego gracias aos mozos do Proxecto Trasno, en concreto de Jacobo Tarrío. Este programa é multiplataforma: o mesmo serve para Windows como para Mac ou Linux/Unix. Coa chegada do Mozilla rexorde a vella guerra polos navegadores que acabou gañando Microsoft co seu Explorer. O proxecto Mozilla acaparou a atención e as ilusións do movemento polo software libre, e a partir del creouse aquel primeiro navegador en galego, o Xis. Din que Mozilla é rápido, estable e non ten publicidade de ningunha empresa.
.