ADEGA entrega o sábado 20 os II Premios Ambientais Dioxina e Osíxeno ás Malas e Boas Prácticas Ambientais co gallo da celebración do Día Mundial da Terra. O Dioxina será para Unión Fenosa, "polo seu longo historial de actuacións (encoros, liñas de alta tensión, parques eólicos) de enorme impacto ambiental, nos que amosou un total desprezo polo noso patrimonio natural". O premio positivo, o Osíxeno, foille concedido ás Mancomunidades de Montes de Arca-Cequeril, Plataforma Anti-Vía Rápida do Morrazo e á Comisión Pro Residuos Mínimos do Oural. Haberá áccesits para todas as persoas que veñen loitando en defensa dos ríos e contra os encoros, cunha lembranza especial para Iñaki García, agora na cadea pola súa loita contra o encoro de Itoiz, e tamén ao Gorgullo do Eucalipto, pola súa contribución ao fomento da plantación de especies autóctonas nos nosos montes.
.