Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Nixeria prohibe a lei islámica

O Goberno nixeriano vén de declarar "inconstitucional" a aplicación da Xaria, ou lei islámica, que se implantou nos dous últimos anos en 12 dos 19 estados do norte do país, onde a poboación musulmana é maioritaria. Esta lei foi a que condenou a morte por lapidación a Safiya Husseini logo de ser acusada de adulterio. Segundo a carta enviada polo minsitro de Xustiza nixeriano aos gobernos locais, "a Xaria viola os compromisos nixerianos respecto aos dereitos humanos e á non discriminación en función da relixión ou do sexo". Suponse que esta reacción do goberno de Lagos responde á presión internacional solicitando o perdón de Safiya. Poden obter máis información no xornal nixeriano The Guardian.

- 13:34 21/03/2002
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: