Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A Lei de Sinatura Electrónica chegará no verán

O Goberno Aznar vén de anunciar que non vai aprobar o proxecto de Lei de Sinatura Electrónica antes de xullo ou agosto, xa que ata entón ten que someter o actual Borrador do Anteproxecto a numerosos informes, entre eles o do Consello de Estado, e tamén o da Comisión Europea. O Executivo español entende esta lei como complementaria á LSSI no seu particular intento por impulsar a sociedade da información e, en concreto, para acelerar o desenvolvemento do comercio electrónico e da Administración electrónica. O Goberno fixo público o texto do borrador para sometelo a consulta, así que pedímoslle ao bufete de avogados Pintos & Salgado, especialistas en novas tecnoloxías e Internet, que nos analizara o texto inicial da Lei. Neste artigo podedes ler as eivas legais que, segundo eles, ten este anteproxecto.

- 11:42 18/03/2002
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: