O xornal El Norte de Castilla publicou onte a historia dunha muller de Barxacoba (concello de Pías nas Portelas, zona galega na provincia de Zamora), que ten que 'peregrinar' 170 quilómetros para acudir a un hospital por mor dunha grave doenza. Os seus familiares están a estudiar unha demanda contra Sanidade da Junta de Castela e León pola falta de transporte, xa que ten que coller un taxi para acudir a Zamora. O máis sangrante do asunto é que a 50 km ten un hospital en Verín. Ademais, a paciente -falante de galego- quéixase de que lle custa entender os médicos.
.