Cortegada xa pode respirar tranquila. A Xunta preservará a pequena illa de Carril (concello de Vilagarcía) mediante un Plano de Ordenación dos Recursos Naturais que, entre outras cousas, limita o número e as zonas de visita. Ademais, queda a porta aberta para a inclusión de Cortegada no Parque Natural das Illas Atlánticas (Cíes, Ons e Sálvora) xa que o documento recoñece 'que se complementan'. Máis información en Vieiros O Salnés.
.