Ana Miranda, editora de Vieiros Bruxelas, envíanos unha crónica da apertura do Foro Social Mundial en Porto Alegre. Cóntanos como é a capital do Rio Grande do Sul, como se vive alí, a participación democrática e tamén o ambiente que se vive arredor desta xuntanza. Fala tamén dunha manifestación á que asistiron máis de 25.000 persoas e ningún policía. No especial Cambiar o Mundo 2.0 poden atopar máis información sobre todo o que está a acontecer tanto en Porto Alegre como en Nova York, no Foro Económico Mundial.
.