O Proxecto Trasno, que se adica a traducir software libre ao galego, vén de presentarnos a última versión dispoñible do navegador Mozilla, a 0.9.7. Para instalalo hai que baixar a traducción enriba dun Mozilla que xa estea funcionando. Así de sinxelo. O responsable desta nova achega normalizadora é Jacobo Tarrío. Lembrámosvos que hai outros dous navegadores en galego, ambos os dous da man do Proxecto Xis de Galego21.org: o Xis 4.03 (Netscape Communicator 4.03) e o Opera 5.12.
.