Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Sentencia a prol do spam no Brasil

O envío masivo e indiscriminado de correo electrónico (spam, en inglés) pode chegar a ser legal no Brasil, tras da sentencia emitida polo Juizado Especial Cível Micro Empresas.

- 10:21 09/01/2002
Tags:

A xuíza Rosângela Lieko Kato había de resolver unha demanda presentada por João Campos contra das empresas Inova Tecnologia S/C, Site Entretenimentos e o portal Planeta Serviços e Internet. O demandante solicitaba unha indemnización de 5000 reais por uso indebido do seu nombre en listaxes e por ter sido obxeto dunha invasión de mensaxes non solicitadas no seu buzón de correo electrónico.

A xuíza comparou o spam co envío de publicidade directa a través do correo postal, achando que "seria un contrasensentido admitir que alguén precisa dunha autorización para nos enviar correspondencia." Concluía a maxistrada que "non hai motivo para caracterizar como violación da intimidade, ou da vida privada, ou da honra", esta actividade.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: