Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Polémica contra a Igrexa en Ponte Caldelas

O arcebispado de Santiago truncou a realización dun dos proxectos máis ambiciosos do grupo de goberno de Ponte Caldelas na presente lexislatura. Desde 1998 o alcalde, Fidel Rodriguez Toubes, xestiona coa Igrexa católica a cesión da casa rectoral da igrexa que está no Castelo, ó lado da parroquial, para proceder á súa rehabilitación e acondicionar alí un albergue xuvenil e un centro social.

- 10:39 01/03/1999
Tags:

Perfecto Rodríguez Muiños, concelleiro do grupo de goberno, recoñeceu que "este era o proxecto estrela do concello para o presente ano pero a Igrexa truncou as nosas esperanzas de levalo a cabo ó negarse á cesión deste inmoble que na actualidade está prácticamente en ruinas". Este era o principal proxecto que tiña previsto presentar o concello de Pontecaldelas para solicitar á Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude a concesión dunha escola obradoiro que contaría con 50 alumnos aproximadamente nos módulos de albanelería, carpintería, medio ambiente e cantería. O concello ubicaría a escola obradoiro no local situado na parte de arriba do garaxe municipal, xa que conta cunha superficie adecuada para elo. A Igrexa baseou a súa resposta negativa ás peticións do Concello de Pontecaldelas en que "tiñan a idea de destinar ese inmoble como vivenda de varios sacerdotes da zona", segundo suliñou Rodríguez Muiños. A pesar deste contratempo, o alcalde e o seu grupo de goberno están a traballar xa noutros proxectos para non renunciar á escola obradoiro. Entre eles destaca o de acondiciona-la praia fluvial de A Calzada. Aínda que non está elaborado o proxecto definitivo, o goberno local pretende a construcción de varias pontes e pasos elevados sobre o río Verdugo, acondicionamento dun lugar con mesas e sillas de pedra e a habilitación dun parque infantil entre outras melloras na zona. O único problema para levar a cabo este proxecto é o das crecidas do río, que durante o inverno destroza todo o que atopa ó seu paso, polo que había que artellar un mecanismo para evitalas. Outros proxectos previstos son; o acondicionamento da aárea recreativa de Tourón e a sinalización da zona dos petroglifos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: