Por marxe estreita, a illa de Córsega xa ten, aínda que limitada, a súa autonomía. Pequenos poderes para a elaboración de leis e a ampliación do ensino da lingua corsa son os principais logros. Malia todo o proxecto impulsado por Jospin tivo e ten moitas críticas nun estado tradicional e fortemente centralista. Dende a oposición din que é anticonstitucional e contraria ao Estado francés, xa que vai camiño da independencia da illa, e aspiran a botala embaixo en canto poidan. Máis información en Le Monde e no Corse Matin.
.