Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Campinato de armas históricas en Bora

O campo de Tiro de Cernadiñas Novas, en Bora (Pontevedra) acollerá durante o vindeiro día 7 de marzo o Campionato Galego de Tiro con Armas Históricas, de grande vistosidade e atractivo visual para o público.

- 10:39 01/03/1999
Tags:

A principios deste mes deu comezo o calendario de actividades deportivas da Federación Galega de Tiro Olímpico, na delegación de Pontevedra coa competición de armas históricas, que é unhas das máis vistosas polo coñecido das armas, xa que se trata de revolveres (Mariette), pistolas (Kuchenreuter) e fusiles (Vetterli) que as películas fixeron famosos. Outras competicións fixéronse a partires de aí coma a de Pistola Standad e de 9 mm. O próximo 7 de marzo terá lugar no club o campionato galego de tiro con armas históricas. Aínda que non é tan espectacular coma no cine ou na televisión a competición chama a atención pola dificultade que se ve á hora de cargar e tirar. Con todo isto, as puntuacións conseguidas foron bastante altas o que da esperanza ó presidente do Club de Tiro Cernadiñas Novas, Antonio Escudero Leal, para acadar bos postos no campionato de España. Nestas primeiras probas os gañadores foron: Mariette, 1º Manuel Barciela (Soviti-Vigo) - 96 puntos, 2º Antonio Miguel Gullón (Soviti-Vigo) - 94, e 3º Jesús Golmar (C. Novas) - 90; Kuchenreuter, 1º Manuel Ruibal (C. Novas) - 97, 2º Ariel Fernández (Soviti-Vigo) - 97 e 3º Antonio Escudero (C.Novas) - 90; Vetterli, 1º Manuel Ruibal (C.Novas) - 93, 2º Jesús Golmar (C.Novas) - 89 e 3º Rogelio Infanzón (Soviti-Vigo) - 86; Pistola Standard 1º Americo Martínez Franco (Soviti-Vigo) - 554 , 2º Oscar Sanmartín Cortizo (C.Novas) - 550 e 3º Fernando Rodríguez Martín (Soviti-Vigo) - 540 ; Pistola 9 mm., 1º Americo Martínez Franco (Soviti-Vigo) - 565 ,2º Fernando Rodríguez Martín (Soviti-Vigo) - 556 e 3º Agustín Roché Vázquez (Soviti-Vigo) -551; en esta modalidade el pontevedrés Oscar Sanmartín Cortizo del club Cernadiñas Novas ocupou a 6ª praza con 530 puntos. O presidente do club Cernadiñas Novas destacou a alta participación nas distintas competicións na que destacou a de 9 mm que é unha especialidade moi difícil e a pesar de todo presentaronse 60 competidores.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: