Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Greenpeace contra o Plano de Residuos do Concello.

O representante de Greenpeace, Pablo Mascareñas, estivo onte en Vigo, para debatir o sobre o Plano de Residuos Sólidos Urbáns e de Limpeza, previsto polo Concello. Mascareñas, criticou a aposta pola incineración e dixo que este sistema perxudica seriamente o medioambente.

- 23:52 25/02/1999
Tags:

Pablo Mascareñas, representante da Campaña de Tóxicos de Greenpeace, criticou duramente ó concello da cidade polo plano previsto para o tratamento dos resíduos sólidos urbáns. A incineración é, para o representante dos ecoloxistas, un dos peores sistemas, xa que perxudica seriamente non só ó medioambente, sinon tamén ós cidadáns.

Mascareñas, que estivo para falar deste tema, convidado pola Federación de Asociacións Veciñais, dixo que a través da incineración destrúense residuos que poderían aproveitarse e converterse logo en recursos. O ecoloxista, criticou o plano do concello vigués alegando que este era un apéndice máis do que ten a Xunta. O plano tenta emtregar o monopolio a Sogama e a Xunta, segundo Mascareñas, prevé construir unha pranta para a incineración dos residuos en Salceda (A Coruña).

Greenpeace, ten unha campaña aberta cotra este tipo de prantas e instalacións incineradoras en toda España, e pretende evitar que esta macroincineradora, prevista para Galiza poida chegar a seren edificada. No caso de levarse a cabo esta pranta, Mascareñas, asegurou que o futuro de Galiza quedaría hipotecado.

Na opinión do representante de Greenpeace, o importante nunha política de protección do medioambente, é a regra das tres "erres", é dicir: reducción, reutilización e reciclaxe. Esta é a política na que se basea a normativa europea e, coa que conta e asume Greenpeace como a única posible.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: