A Xunta vén de dar os primeiros pasos para a expropiación de Cortegada, a pequena illa de loureiros situada fronte a Carril, propiedade na actualidade da inmobiliaria compostelana Cortegada S.A. O Conselleiro de Política Territorial, Xosé Cuiña, reuniuse co seu amigo o alcalde de Vilagarcía, o socialista Javier Gago, para falar da recuperación da illa. Ao parecer, será incluída no recén creado Parque das Illas Atlánticas. Máis información en Vieiros O Salnés.
.