A partir de hoxe xa se pode baixar gratuitamente a nova versión do navegador monopolístico: o Internet Explorer 6.0 de Microsoft. Polo de agora só está dispoñible en inglés e está a ser moi criticado por non soportar o Java. Este novo programa non achega moitas novidades. Delas a máis salientable é a opción de almacenamento de ligazóns de webs de audio e vídeo. Falando de navegadores... lembrámosvos que o Proxecto Xis polo software en galego ten na rede o Opera 5.02 que se pode baixar de balde, e xa nos comentan que están a traballar na versión 5.12. Prometen noticias axiña...
.