Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

As polémicas antenas de telefonía móbil

Desde outubro do pasado ano, Amigos da Terra Galicia, a través do seu centro de información ambiental en Ourense, estudiou 65 queixas de cidadáns e cidadás preocupados polos posíbeis efectos negativos sobre a saúde das antenas de telefonía móbil. Os ecoloxistas constataron a carencia de regulación nesta materia e, o que achan aínda máis grave, "ata qué punto as previsións xa existentes en materia urbanística son ignoradas polos servicios municipais á hora de faceren vixilancia e inspección sobre as construccións levadas a cabo no seu propio territorio". Alén de se preocupar polas queixas veciñais, o que nalgúns casos contribuiu á resolución de problemas, Amigos da Terra tamén elaborou un modelo de ordenanza municipal para regular a instalación das antenas de telefonía móbil.

- 20:31 02/08/2001
Tags:

Segundo Amigos da Terra, "foi e está sendo moi frecuente que os Concellos concedan licencias de instalación para estas actividades de postes de emisión de ondas electromagnéticas, como se fosen inocuas e, por tanto, á marxe do procedemento establecido no Regulamento de Actividades Molestas, simplemente polo feito de que tal actividade non figura no nomenclátor anexo de actividades clasificadas, amparándose tan só na lexislación do solo e non dando audiencia aos máis inmediatos ao contorno". A xurisprudencia do Tribunal Supremo avala a tese de que o devandito Regulamento é tamén aplicábel ás antenas de telefonía móbil.

O Regulamento establece a necesidade de efectuar, "unha vez que se instale a torre de telefonía", "unha inspección previa ao inicio da actividade, na que se debe comprobar o correcto funcionamento da maquinaria industrial ou aparellos, e na que se acredite a existencia das medidas técnicas que impidan que se produzan molestias a terceiros ou lindeiros, o que non ocorre nunca porque case que a totalidade dos Concellos non dispoñen de medios persoais e técnicos suficientes para estudiaren e valoraren estes aspectos de funcionamento". Nos casos investigados por Amigos da Terra ficou comprobado a ausencia de inspección previas. "A administración local desenténdese e agarda para actuar ás denuncias dos cidadáns."

"Cando se producen estas denuncias, que se tramitaron dende a nosa asociación, os Concellos instan á empresa instaladora a que legalice a actividade ou adopte medidas correctoras que nunca se sinalan nesa actividade de control", afirma Amigos da Terra.

"Dos dous únicos Concellos da xeografía ourensá que adoptaron unha normativa para regular a instalación das torres de telefonía móbil (Cartelle e San Amaro), o concello de Cartelle viu recorrida diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a súa ordenanza pola empresa Telefónica Móbiles S.A. Outros varios Concellos teñen tamén recorridas diante dos xulgados as ordes de paralisación das obras de instalación de estacións-base (Ourense, O Carballiño, Paradela). O dictame dos xulgados xa tivo uns efectos prácticos no caso concreto do concello de Ourense, no que se dictaminou a anulación da orde de paralisación a causa da indefensión xenerada para os particulares."


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: