Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Fraga fai entrega das Medallas Castelao a 10 homes

O presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, fai entrega hoxe das Medallas Castelao 2001 (poden ver os galardonados e as súas biografías neste documento en PDF do Consello da Xunta) logo de volver da súa viaxe por Venezuela. Entréganse hoxe precisamente porque se cumpren 17 anos da (polémica) volta dos restos de Castelao a Galicia. Os merecedores son, atención, nomes como Amancio Amaro (ex xogador do Real Madrid), Fernando Ónega (xornalista) ou un tal Hipólito Rey Mosquera, propietario do restaurante Casa Hipólito de Catoira (¿?). Como todos os anos, choven as críticas... A Comisión da Muller do BNG denunciou publicamente a "actitude claramente machista e marxinal" que mostra a Xunta ao concederlle o premio a dez homes.

- 04:47 28/06/2001
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: