Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Porno e letras para o 17 de maio

Irreverencia e ironía para o primeiro Día das Letras do milenio. Vieiros e Camilo Franco queren rematar con tanta institucionalidade (e institucionalismo) para día tan gran importante. Queremos literatura en galego, queremos ensino en galego... e queremos tamén sexo en galego. Así que comezamos cun experimento que mestura pornografía e literatura na rede: Necesariamente X. Dende o día 15 de maio ata o 6 de xuño, os internautas poderán enviar imaxes pornográficas a Vieiros. De entre todas as que se reciban, escollerase diariamente unha fotografía que motive a Camilo para a creación literaria. Así, todos os días, a partir de hoxe e gracias á colaboración dos lectores de Vieiros, Camilo Franco irá escribindo un relato ou un ‘pensamento’ non necesariamente erótico, que irá acompañado da imaxe que o inspirou. Así que... ábrese a veda: xa podedes comezar a enviarnos as vosas fotos preferidas... ¡Mándanola xa!

- 08:38 16/05/2001
Tags:

.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: