Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Sospeitosa autorización dun millo transxénico

Amigos de la Tierra, no marco dunha campaña de Friends of the Earth Europe, demanda a revogación, "obtida de xeito sospeitoso", da variedade de millo transxénico modificada xeneticamente denominada T25, da empresa franco-alemana Aventis. A organización ecoloxista considera que houbo irregularidades na aprobación a nivel europeo deste millo.

- 18:00 13/05/2001
Tags:

Amigos de la Tierra publicou un informe onde se sinalan as irregularidades no proceso de aprobación do millo T25 de Aventis. O informe está disponíbel neste enderezo.

Segundo Amigos de la Tierra, "os estudios científicos presentados por Aventis á Comisión Europea para probar a súa seguridade son dun nivel moi baixo" e non se fixo ningún estudio sobre os posíbeis efectos da liberación deste millo no ambiente. Por outra banda, "o único experimento científico sobre os impactos dos grans de millo T25 como base da alimentación en animais foron levados a cabo sobre polos, cando se pretende que este millo entre nos pensos do gando bovino".

"Amigos de la Tierra pide á Unión Europea a revogación das autorizacións de cultivo, comercialización e utilización na alimentación, tanto animal como humana, do millo T25 e ao goberno español que rexeite a petición de inscrición do millo T25 no Rexistro de variedades comerciais, o que permitiría o seu cultivo en España".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: